Coa luz do corazón
Paseando por un mundo doce
08/04/2023 19:30 h
Corina é unha muller de paixóns diversas, que abarcan aspectos moi diferentes da vida. Unha destas paixóns son os doces, as tortas e os pasteis. Unha paixón que comparte moita xente. Pero unha cousa ben distinta é gozar do pracer de comer doces e outra do pracer de facelos.
Quizais a quintaesencia dos doces estea en xuntar os dous praceres, así que propoñemos a Corina ter a experiencia de facer unha torta e logo degustala.