CRTVG

Buscar

Casamos!

David e Bea

19/01/2024

David namorouse de Bea en plena rúa, tropezou con ela e, sen máis, pediulle o seu número. Un día coincidiron por amigos en común e iniciaron unha conversa. Bea tiña parella pero non dubidou en deixala e plantarlle un bico a David na primeira cita. Ao comezo da relación, a nai de Bea non aceptaba a David. Porén, co tempo este chegou a ser un máis da familia. Despois de falalo moitas veces, por fin casan nunha voda sinxela á que acudirán os seus máis achegados.

Atopar capítulo por: