Caderno de bitácora
Serafín Mourelle, navegar no océano entre as estrelas
11/06/2022 10:50 h
Facemos hoxe un programa especial, o homenaxeado xa non está con nós, pero deixou un recordo inesquecible estre todas as persoas que o coñeceron, amigos e fillos. E todos sentímonos alumnos de Serafín Mourelle, porque ensinouno cousas do mar pero tamén da vida.
E os que o coñecen ben e pasaron moitas horas con el son: Xulio Montero, que é percebeiro, e achou en Serafin Mourelle un conselleiro que o guiou. E Xurxo Souto, músico e escritor, que soubo comprender a dimensión social e literaria do gran patrón do mar de Irlanda.