Boa nova
Programa 7: Ana e Antonio
O programa da TVG “Boa Nova”, que afonda nas vivencias e nas emocións de futuros nais e pais no último mes de embarazo e que acompaña a familia nos preparativos para o acontecemento, terá hoxe como protagonistas a Ana e Antonio. Xuntos agardan a Gonzalo, un bebé moi desexado que chega nunha etapa madura das súas vidas.
Aínda que teñen outros fillos, din que se senten pais novatos pola cantidade de tempo que pasou desde a última vez. Así que, coa emoción e simpatía que caracteriza esta parella e coa grande axuda achegada por Joaquín, un dos seus fillos, os espectadores verán como esta parella ultima os preparativos para a chegada do novo bebé á familia.
Sesións de fotos, compras de última hora e prácticas de como cambiar cueiros e das respiracións adecuadas para o día do parto son algúns dos asuntos que centran o día a día de Ana e Antonio neste compás de espera.