CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Blas Cantó, Sheila Patricia e a Orquestra París de Noia

01/05/2021 22:00 h

Bamboleo acode puntualmente á súa cita dos sábados pola noite na Televisión de Galicia e nesta ocasión Xose Manuel Piñeiro recibirá a visita dun artista que está ás portas da súa esperadísima participación no Festival de Eurovisión: Blas Cantó. O que fora vocalista do grupo Auryn iniciou unha frutífera carreira en solitario á que sumará a representación de España no festival da canción europea coa canción “Voy a quedarme”. Blas Cantó falará das emocións que se lle presentan de cara a esta grande oportunidade musical e, ademais do tema eurovisivo, interpretará outras cancións, entre elas o éxito “Él no soy yo”. O espazo de entretemento familiar contará tamén coas actuacións da Orquestra París de Noia, que presentará o seu novo proxecto titulado “A Xira do Camiño”. No que a artistas galegos se refire, a cantante redondelá Sheila Patricia traerá o seu sinxelo “Maneo de Caión”, un tributo á historia da muller labrega. Karla Lima e Coralie Bouzera serán as participantes do ‘Agora ou Nunca’. Interpretarán dous temazos: “Stop” de Sam Brown e “Notre Idylle” da francesa Jennifer. Así mesmo, haberá tempo para o baile, nesta ocasión serán dúas exhibicións de baile deportivo por parte de David e Denisse, representantes de España en diversos campionatos internacionais. No karaoke de ‘A Jrileira’, Mari e Róber estarán representando o club de Remo Olímpico do Mandeo de Bergondo e o club de Piragüismo Cambados. Cantarán o tema “Ahora te puedes marchar” de Luis Miguel e sumarán puntos adiviñando intérpretes de cancións. Na ‘ITV do Amor’, unha persoa de público terá que acertar cal é a verdadeira parella de Adri a partir das respostas dos seus posibles mozos: Javi, David e Érik. Por suposto, estarán facendo festa “os que faltaban”: os colaboradores do programa coas súas intervencións: Tamara Pérez e Claudio Pan xunto con Isi, Damián Cortés e Javi Varela.

Atopar capítulo por: