As nosas rúas
Cánovas del Castillo, Luís Seoane e Manuel María Fernández Teixeiro (Lugo)
22/06/2022 10:45 h
No capítulo 60 de “As nosas rúas” desvelamos tres ilustres celebridades retratadas nas rúas de Lugo. Eles son: o político Antonio Cánovas del Castillo, figura importantísima na política española da segunda metade do século XIX; o debuxante, pintor e gravador hispano-arxentino Luis Seoane, impulsor do desenvolvemento cultural galego; e, por último, o poeta e escritor Manuel María Fernánadez Teixeiro, que destacou polo seu carácter combativo e o seu compromiso político.