CRTVG

Buscar

A Foto

Alberto Martí e os dous de Bertamiráns

04/02/2020

En 1960 dous nenos chegaron tarde para embarcar no porto da Coruña. Dous emigrantes que querían buscar un futuro mellor alén do mar. Alí, para retratar o caso, estaba o home que despois foi considerado o "fotógrafo oficial" da emigración: Alberto Martí. Co paso dos anos as súas fotografías pasaron a formar parte da memoria colectiva e formaron parte de exposicións nacionais e internacionais.

Os dous nenos, desolados, foron axudados por un crego que lles pagou un taxi para que puidesen coller o barco en Vigo. Nesta viaxe un deles recuou e o outro seguiu a diante. Moitos anos despois a vida dos tres protagonistas vólvese xuntar da man do CGAI da Coruña: Alberto Martí e os dous de Bertamiráns, agora xa convertidos en vellos. Tres historias entrelazadas que son, tamén, as historias de todos nós.

Atopar capítulo por: