Bamboleo
Karina, A Roda e a orquestra Costa Oeste
18/07/2015 22:15 h
A cantante Karina achegaralles á memoria dos espectadores da Televisión de Galicia o seu tema “Las flechas del amor”, que conquistou os corazóns de xeracións de mozos e mozas a finais dos anos 60.
O presentador Xosé Manuel Piñeiro tamén recibirá no estudio o coñecido grupo de música tradicional vigués A Roda, que está a levar a cabo un proxecto baixo o título “Xira na memoria”, unha homenaxe póstuma ao histórico fundador do grupo Fito Domínguez. E acompañándoos no escenario estará tamén, con ritmos de cumbia e salsa, a orquestra Costa Oeste.