CRTVG

Buscar

Feirantes

Programa 8

25/08/2017 23:00 h

O concurso de polbeiros conta como participantes con Iván e Diego, irmáns xemelgos de A Coruña, e Héctor, de Ribeira, que están acompañados polos coachs Mercedes Rodríguez de Pulpería Neira, Amador Porta de Polbería Porta da Estrada e Paco Gómez de Pulpería Á Feira.

O reporteiro Fernando visita a Feira de Sarria, que con máis de cincocentos anos de historia proclámase unha das máis lonxevas de Galicia. Ademais, volve pasar polo plató a Polboneta, pero nesta ocasión non vén Linolio, senón que o encargado é Xiao, o seu mozo, que trata de convencer os nosos concursantes de que utilicen unha auga especial para cocer o polbo. 

O chef convidado é Taki, do grupo Nove, que fai un guiso de costela de tenreira con cebola e queixo do Cebreiro. A maxia vén da man do Mago Benxamín, que sorprende coa axuda de dous invitados do público cun xogo de cartas e outro cunha corda, facendo aparecer e desaparecer un nó. Tamén actúan a orquestra Los Players, os humoristas Pablo Meixe e Tito Rober.

Atopar capítulo por: