Aquí hai praia
Programa 8
10/09/2015 22:00 h
O percorrido desta semana do programa “Aquí hai praia” comezará en Ourense, na praia fluvial de Oira, un lugar que moitos cualifican como unha “contorna idílica”.
Na praia da Madalena, en Cabanas, o espazo da TVG poralle ao mal tempo boa caro. Cando a temperatura non acompaña para poder tomar o sol, sempre queda o deporte.
Na Illa de Arousa, “Aquí hai praia” lanzarase á area nada máis chegar, pois a praia do Bao é a primeira que aparece ao cruzar a ponte.
A praia de Ornanda, máis coñecida como As Gaivotas, en Porto do Son, será a seguinte parada.
Para pechar o programa, “Aquí hai praia” estará en Arealonga, en Chapela, onde coñecerá todos uns profesionais do mar, os integrantes do club de remo de Chapela.