CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Programa 58: O Carballiño

08/08/2015 16:30 h

O equipo do programa monta o escenario no concello ourensán do Carballiño co gallo da celebración da quincuaxésimo terceira Festa do Polbo, declarada de interese turístico nacional.

As orquestras Terranova e Ipanema póñenlle ritmo a esta edición de "Aquí Galicia". Os ritmos tradicionais veñen da man do Grupo de Gaitas de O Carballiño e do Grupo de Gaitas e Danzas Orcellón, tamén orixinarios da vila. Pero unha boa verbena ourensá que se prece ten que ter unha batucada, e “Aquí Galicia” non vai ser menos, e por iso contan coa presenza do grupo Xituma Batuke. 

No apartado gastronómico, os presentadores Rodrigo Vázquez e Lucía Rodríguez degustan as famosas canas do Carballiño, recheas de crema, e tamén o polbo, preparado pola cociñeira Beatriz Sotelo, presentadora de “Gastrópodos.

Ademais, o programa conecta coa Feira de Artesanía na praza de Emilia Pardo Bazán e coa Festa Infantil da Praza Maior. 

 

Atopar capítulo por: