CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Programa 56: Santiago de Compostela

25/07/2015 16:30 h

Nun día en que se homenaxea á nosa comunidade, non podía faltar a comida. “Aquí Galicia” cociñará santiaguiños e vieiras, dous símbolos gastronómicos da cidade, para o que contará coa axuda de Alberto Laredo Peiteado, de restaurante “O Manso”, finalista do primeiro Concurso Gastronómico Galego. A sobremesa, como non podía ser doutro xeito, terá como protagonista a torta de Santiago, outro dos emblemas culinarios da nosa terra. 

Tampouco faltará no “Aquí Galicia” desta tarde o ritmo e a diversión, cunha variada programación musical. A música tradicional da agrupación de Cantareiras Rosalía de Castro de Teo e do Grupo de Canto Tradicional Néboas no Cumio de Oroso xuntarase co ritmo do grupo musical tahitiano Mehealani, das orquestras Bomba, procedente das Ilas Canarias, Funçao Pública de Portugal e América SL.

Atopar capítulo por: