CRTVG

Buscar

Sopa de festa

Programa 5: Festa do Corpus en Ourense

30/06/2014 22:00 h

As cámaras do programa “Sopa de Festa” levarán hoxe os espectadores da Televisión de Galicia ata Ourense. A cidade das Burgas está a celebrar as Festas do Corpus, unhas datas en que lle ofrece ao cidadán e ao visitante unha morea de propostas.  Por iso, o equipo de reporteiros do programa mergullarase no ambiente festeiro para ofrecerlle ao público galego o obxectivo principal de “Sopa de Festa”: as mellores propostas gastronómicas que envolven toda a celebración.

Deste xeito, o equipo compartirá cos espectadores da TVG a tradicional sesión vermú de toda festa. Nesta ocasión, a hora do aperitivo irá acompañada dunhas saborosas propostas en forma de petiscos que se degustaron nos xardíns da famosa fonte das Burgas. Continuando coa gastronomía, dous cociñeiros ourensáns elaborarán un menú especial para estas festas do Corpus, unha proposta con moito sabor da terra. 

Por outro lado, os espectadores tamén poderán ver outras propostas culinarias da man da feira medieval, un mercado que durante estes días se pode percorrer pola zona vella de Ourense e no que unha morea de postos ofrecen os seus produtos.

Outros contidos que o programa compartirá coa audiencia galega será un breve percorrido turístico pola cidade. Da man do Deán da Catedral de Ourense, “Sopa de Festa” coñecerá a historia e tradición desta festividade na capital das Burgas. 

Atopar capítulo por: