CRTVG

Buscar

Sopa de festa

Programa 40: Festa da empanada da Bandeira

24/08/2015 22:45 h

Hoxe, as cámaras do programa celebrarán xunto aos espectadores galegos máis de corenta anos de celebración da Festa da empanada de Bandeira. Un certame gastronómico, declarado de Interese Turístico, que se converteu na festa máis multitudinaria do  municipio de Silleda.

A Carballeira da Silva acolle a milleiros de persoas dispostas a gozar do ambiente festivo. Pero antes desta gran xuntanza, o equipo de “Sopa de Festa” estará presente noutros actos que envolven a esta celebración como o concurso de empanadas, onde un xurado composto por amas de casa xunto a persoas relevantes do mundo da gastronomía e da vida social galega catarán as empanadas e outorgarán os premios nas categorías de 'Amas de Casa' e 'Profesionais'.

A troula e a diversión da xente na Carballeira da Silva, xunto co bo ambiente, completarán a presente edición de “Sopa de Festa”.

Atopar capítulo por: