Galicia viva
Programa 40
02/01/2018 19:00 h
“Galicia Viva” comeza o ano con música, escoitando a un grupo de avós e nenos que se xuntan para cantar en Catoira.
O equipo do programa tamén visitaa Protectora de Animais de Ourense. No Nadal as mascotas adoitan ser un dos agasallos habituais e “Galicia Viva” quere amosar algúns destes animaliños por se as familias están interesadas en adoptar. O espazo da TVG tamén fala da importancia dos animais nas familias e da responsabilidade que supón ter unha mascota.
Outro dos temas do programa desta tarde será a seguridade no rural, con consellos prácticos nos tractores e maquinaria agrícola para así evitar accidentes.