CRTVG

Buscar

40º Norte: Camiño de Lobos

Programa 2

28/07/2015 22:30 h

Os espectadores verán no programa desta noite como o equipo vermello verá as súas forzas minguadas pola humidade e polo frío de ter que pasar a noite á intemperie e pola preocupación de ter que despedir un dos seus membros. Miguel, o líder, e Manuel deberán enfrontarse no duelo pola permanencia no concurso.

Os concursantes de “40º Norte” montarán o campamento na Illa de Preboubo, un dos tesouros agochados na comarca de Viana. Continuarán as probas neste enclave espectacular, pero sucederá algo que lle dará un xiro de 180º á xornada: un dos lobos cometerá unha irregularidade, traendo consecuencias catastróficas para o seu equipo. O día pecharase coas nominacións do equipo perdedor do tríatlon.

Atopar capítulo por: