CRTVG

Buscar

Vaia troula

Programa 117. Romaría de San Cosme e San Damián

27/09/2015 22:30 h

 A presentadora Nieves Rodríguez dará a benvida á audiencia dende esta histórica vila, onde están a celebrar a romaría de San Cosme e San Damián. 

Fátima Mella irá ata o concello da Pobra do Caramiñal para facer unha total cobertura da procesión das mortallas.

A compañeira María Carballeira irá ata Lugo, máis concretamente ao concello do Saviñao, onde celebran o tradicional folón de fachas. 

Finalmente, Ilda Mosquera estará en Brión, A Coruña. A reporteira participará cos veciños do lugar na romaría de Santa Minia, á que cada ano acoden milleiros de persoas para gozar dunha troula que dura varios días. 

Pero esta noite de troula non rematará aquí. As cámaras de “Vaia Troula” acudiron tamén á festa das Dores, na parroquia viguesa de Cabral e á festa da Mercé de Chanteiro, no concello de Ares. A diversión continuará no concello ourensán de Cea, onde festexan a Saleta de San Cristovo pero pasando polo concello de Cedeira que tamén celebran o San Cosme. 

Para que o programa teña unha boa despedida, os espectadores poderán gozar dunha divertida foliada na parroquia de Mañufe, no concello pontevedrés de Gondomar, unha exaltación do xamón en Bermés, no concello de Lalín e unha lumeirada en Pontevedra. 

Atopar capítulo por: