CRTVG

Buscar

Vaia troula

Programa 116. Romaría da Saleta de Boborás

20/09/2015 22:35 h

Nieves Rodríguez trasladouse co equipo ata o concello ourensán de Boborás, onde se está a celebrar a Romaría da Saleta.

  Pero o equipo de “Vaia Troula” espallou as súas reporteiras pola xeografía galega para cubrir os principais festexos da xornada. Fátima Mella estará no Carballiño, en Ourense, para participar no día grande das festas de San Cibrao. A súa compañeira María Carballeira estará en Rianxo, onde o pasará en grande nos festexos da Guadalupe.

Pero a festa non remata aquí, pois Ilda Mosquera irá ata o concello de Mos, lugar onde se celebra a festa da Virxe do Libramento.

Finalmente, as cámaras de “Vaia Troula” non se quixeron perder as celebracións do Cristo do Barco de Valdeorras, para ver o tradicional “madrugón” cun baño matinal no río e despois saír á rúa nunha multitudinaria procesión. Outro dos destinos será o concello coruñés de Cerdido, onde organizan unha malla tradicional na parroquia de Casás. 

O programa trouleiro remata coa procesión das teas na romaría da Saleta de Silleda, a gran churrascada da Festa das Dores na parroquia de Cortiñán, en Bergondo, e a romaría da Saínza en Rairiz de Veiga, provincia de Ourense.

Atopar capítulo por: