CRTVG

Buscar

Vaia troula

Programa 112: Desde Xinzo de Limia

23/08/2015 22:30 h

A vila ourensá de Xinzo de Limia trasládase a época dos romanos esta fin de semana na festa do Esquecemento e como a Televisión de Galicia non se quere perder ningunha festa, o equipo de “Vaia Troula” estará alí transmitindo en directo os festexos. 

A presentadora Nieves Rodríguez dá a benvida aos telespectadores dende a capital da comarca da Limia. 

A reporteira Fátima Milla vive en Vilagarcía de Arousa a festa da Auga, que cada ano reúne na vila pontevedresa a milleiros de trouleiros para festexar o día de San Roque.

María Carballeira participa na Xira dos Caneiros no concello coruñés de Betanzos. E a súa compañeira Alicia Conchas está en Sada, que celebra unha “megasardiñada”.

Ademais, os cámaras de “Vaia Troula” acoden a Laxe para presenciar o emocionante simulacro de naufraxio co que os mariñeiros homenaxean á Virxe do Carme. E tamén están na parroquia do Hío, no concello pontevedrés de Cangas, onde bailan as fermosas danzas ancestrais de San Roque.

A oferta das festas continúa coa mexillonada da parroquia de Porto, en Pontecesures, o tradicional desfile do Folón de Carros en Chantada, e o clásico lanzamento do globo en Betanzos. 

 

Atopar capítulo por: