CRTVG

Buscar

Vaia troula

Programa 112: Desde Vigo

16/08/2015 22:30 h

Nieves Rodríguez presenta o programa desde Vigo, cidade que celebra o San Roque.

Fátima Mella trasladouse ao concello da Guarda, na provincia de Pontevedra, para participar na particular subida ao monte á que acoden milleiros de persoas para pasalo ben na guerra de viño. 

María Carballeira súmase, no concello de Agolada, á celebrción da malla máis trouleira. Todo acompañado con música tradicional, torresmos, pan e viño para todos os asistentes que queiran pasar un día de auténtica troula. 

As cámaras de “Vaia Troula” tamén están presentes en Vilanova de Arousa para asistir á procesión marítima da Virxe do Carme. E tamén no concello de Boiro, onde terá lugar unha multitudinaria romaría campestre. 

O programa de troula continúa cos festexos da Virxe de Montserrat en Monforte de Lemos, as festas da parroquia de Celas de Peiro no concello coruñés de Culleredo e a festa pirata de Redes, en Ares. 

Atopar capítulo por: