Vaia troula
Programa 110: Festas da Peregrina en Pontevedra
Durante varios días, as rúas da cidade do Lérez énchense de cor, de música e de alegría con grupos folclóricos, desfiles e moita troula para toda a familia, da que as cámaras do programa dan boa conta.
Os reporteiros de “Vaia Troula” viaxan por outras festas de Galicia. Fátima Mella está en Esteiro (Muros), para participar no gran premio de carrilanas nunha xornada cargada de velocidade e fortes emocións. Pola súa banda, Ilda Mosquera achégase ata o concello coruñés de Ribeira para asistir ao tradicional desfile de carrozas co que celebran o Día da Flor, no que as nenas da comarca son as protagonistas. María Carballeira viaxa ata Porto do Son , onde a orixinal e divertida festa hortera leva horas os habitantes desta vila mariñeira coruñesa aos anos 60.
Ademais, o programa “Vaia Troula” está presente no Carballiño para presenciar a elaboración da tapa xigante de polbo. E tamén en Ribadeo onde celebran a tradicional Xira a Santa Cruz. O menú continúa coa festa medieval de Mondoñedo e o espectacular desfile de bandas mariñeiras da Guarda.