CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Programa 1085

15/09/2015 21:00 h

Pilar García Rego conversará no estudio con Pilar Barreiro, viúva do pintor e deseñador vigués Francisco Mantecón, co gallo da exposición “Paixón e cálculo” que percorre, a través de medio centenar de obras cedidas por diferentes institucions e particulares, a etapa de madurez do artista e que estes días se exhibe na Fundación Luis Seoane da Coruña.

Mon Santiso visitará o taller do artista ferrolán Eduardo Hermida que atopou no barrio de Canido un gran mural para as súas obras. O pintor quere incorporar as creacións da Ruta das Meninas pase a formar parte do Itinerario Europeo de Pintores Impresionistas.

Ademais, “ZigZag Diario” invitará aos telespectadores da tvG2 a visitar no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a exposición “Tectónica” que explica o universo creativo do artista Manuel Vilariño.

Atopar capítulo por: