Vaia troula
Programa 108: Santiaguiño do Monte (Padrón)
Este domingo, en “Vaia Troula”, a presentadora Nieves Rodríguez daralles a benvida aos espectadores da TVG desde o concello coruñés de Padrón, onde celebran a popular romaría de Santiaguiño do Monte.
E mentres, a reporteira Fátima Mella viaxará ata o concello de Vilagarcía de Arousa para participar nunha nova edición do Vilaxoán Canta, unha festa en que toda a parroquia de Vilaxoán sae a rúa para cantar cancións populares. Pola súa parte, María Carballeira achegarase ata a cidade de Vigo, onde celebran as festas do barrio de Bouzas. E a reporteira Ilda Mosquera irá a Ribeira para vivir en primeira persoa a Festa da Dorna.
Ademais, as cámaras de “Vaia Troula” estarán presentes nas Festas de Santa Xusta, no concello pontevedrés de Moraña. E tamén haberá espazo para a romaría da Madanela, que se celebra na parroquia ourensá de Santa Uxía de Lobás, no Carballiño.
A proposta trouleira do programa desta semana inclúe tamén a romaría de Santiago de Cervo, a xa clásica Carreira de Burros de Padrón, e as festas de Santiaguiño no barrio pontevedrés de O Burgo.