CRTVG

Buscar

Bamboleo

King África, Álex Casanova e a Orquestra Capitol

19/09/2015 22:15 h

O programa “Bamboleo” conta nesta ocasión coa voz de King África. O excéntrico cantante cantará o seu derradeiro éxito ,“El Cocodrilo”, un tema que alcanzou os case catro millóns de reproducións en YouTube.

 O outro convidado do programa é o cantante galego Álex Casanova, que interpretará o tema “¡No puede ser?”. Este novo rapaz defínese coma o “derradeiro Big Bang do pop español”. 

Pero o “Bamboleo” nunca sería o mesmo sen a súa orquestra convidada, e por iso a orquestra Capitol abrirá a gala coa canción “Bandolera”. Sen esquecer, claro está, as habituais seccións como “Dirtidansi”, en que Tomás e Fátima bailarán un valse vienés e un “jive”. Na “ITV do Amor”, como é habitual, unha parella do público amosará canto sabe un do outro. As competicións de cantantes tampouco estarán ausentes esta noite. En “A Jrileira”, dúas persoas, tamén do público, cantarán o “Pasodobre galego” e “O galo” de Pili Pampín e, en “Canción Dedicada”, King África cantaralle a Lola e Juan, de Baiona, o tema “La Barca” de Los Panchos. 

Atopar capítulo por: