CRTVG

Buscar

Bamboleo

Charleston, os Gemeliers e Caxade

05/09/2015 22:15 h

A orquestra convidada nesta velada será a famosa Charleston, que será a encargada de abrir a velada co tema “Xuá, xuá”. 

Por outra banda, outro dos pratos fortes da noite son os Gemeliers. Os xemelgos andaluces, que se fixeron populares tras o seu paso por un concurso televisivo, están a ter moito éxito tanto dentro das nosas fronteiras coma no estranxeiro. A lista de convidados péchaa o grupo Caxade. 

Pero o “Bamboleo” non sería o que é sen a súas habituais seccións. En “Agora ou Nunca”, María Calviño interpretará “Me gustas mucho”, de Rocío Dúrcal, e competirá con Patricia María Pombo, que aposta pola canción “El moreno”, de Isabel Pantoja. 

En “Dirtidansi”, a sección máis movida do programa, Xosé Manuel Piñeiro presentará a Alejandro e Laura, que bailarán un fantástico merengue; e a Vicente e Laura, que bailarán un “chachachá”. A diversión continuará coa “Jrileira”, onde dúas persoas do público terán que interpretar os temas “O Carro” e “Sementeira” para gañar un premio. Tampouco faltará a sección “A ITV do amor”, un concurso no que unha parella escollida de entre o público, terá que demostrar canto coñecen o un do outro. 

Atopar capítulo por: