Bamboleo
Salvador Beltrán, Cristina Pato e a orquestra Arnoia Show
29/08/2015 22:15 h
A nova promesa da música española, Salvador Beltrán, vén dende Cataluña para ofrecer dous temas do seu último traballo “Reflejos en mi camino”.
Outra das convidadas é a gaiteira galega Cristina Pato, que veu dende Nova York para pasar o verán a Galicia, e fai un oco na súa apertada axenda para facer bailar o público do programa ao son da “Muiñeira de monxes” e co “Alalá Tristina”.
A orquestra Arnoia Show abre o programa cun toque de verbena interpretando a canción “Besos callejeros” e cara ao medio do programa volverán facer as delicias do público co tema “Lo contrario”.