Sopa de festa
Programa 1: XLVIII Festa da Troita de Ponte Caldelas
02/06/2014 22:45 h
Nesta primeira edición, “Sopa de Festa” achegaralles aos espectadores da Televisión de Galicia todo canto aconteceu na XLVIII Festa da Troita de Ponte Caldelas, unha das principais festas gastronómicas de Galicia e declarada de interese turístico.
Unha celebración que, ademais de degustar o produto estrela da vila, volve converter Ponte Caldelas en punto de destino para os amantes da pesca deportiva coa celebración do Concurso Internacional de Pesca.