CRTVG

Buscar

Aquí hai praia

Programa 1

23/07/2015 22:00 h

Dentro de cada edición do programa haberá seis seccións. A primeira titulase “A bordo” e nela os membros do equipo intentarán falar con algún bañista, xa sexa subidos a un barco, nun colchón inchable ou facendo perna nunha barca de pedais. 

Non se pode esquecer nunca a voz dun experto, e, na sección “Especialista”, o equipo de “Aquí hai praia” falará cos personaxes “habituais” que podemos atopar en calquera areal: o dependente do quiosco de refrescos e xeados, o socorrista ou o “surfer” que pasa todo o día na auga collendo as ondas. Tampouco pasarán por alto a gastronomía típica da praia, xa que os reporteiros abrirán as neveiras e os “tuppers” dos bañistas na sección “Petiscos”. 

Todo programa estival que se teña por tal ten que ter un concurso de mergullos e unha sección dedicada aos deportes na praia. En “Pachanga de verán”, os espectadores poderán asisitir aos mellores campionatos de pas, fútbol praia ou voleibol, entre outros. 

Atopar capítulo por: