Procesión do Cristo da Vitoria
Procesión do Cristo da Vitoria 2018
Retransmisión en directo da “Procesión do Cristo da Victoria”, desde Vigo, con comentarios de Moncho Lemos, que está acompañado de Alberto Cuevas, director de prensa da diocese de Tui-Vigo.
A procesión celébrase o primeiro domingo de agosto e reúne milleiros de persoas, desde a concatedral de Santa María ata a Porta do Sol, onde remata. Tradicionalmente, relaciónase este evento coa vitoria sobre as tropas napoleónicas que invadiron a cidade no 1809.
Neste especial da “Procesión do Cristo da Victoria” hai ocasión tamén de falar sobre os persoeiros famosos que cada ano acoden a esta cita, ou as personalidades que forman parte do acto. Este ano, Victoria Besada Montenegro, directora do Centro Oceanográfico de Vigo, é a primeira muller pregoeira na historia desta festividade, mentres que Luis Lara Rubido, ex-director do Porto de Vigo, encárgase de portar o estandarte durante o percorrido.