CRTVG

Buscar

Zigzag diario

"Problemáticas", “Saude e terra, irmán(s)!” e “Mundo líquido”

21/06/2016 21:00 h

O programa “ZigZag Diario” interesarase este martes polo ciclo de exposicións “Problemáticas”, que se está a desenvolver no Marco de Vigo ao longo deste ano. Tomando como punto de partida as circunstancias e realidades problemáticas que se producen na interacción no sistema da arte, este ciclo formula, a través de catro proxectos específicos, diferentes cuestións da teoría e a práctica artística.
O espazo da tvG2 ofrecerá tamén unha reportaxe sobre a exposición das Irmandades da Fala, que se pode visitar na Fundación Barrié da Coruña. 100 anos despois, a exposición “Saude e terra, irmán(s)!” percorre Galicia, lembrando a súa memoria.
“ZigZag Diario” visitará tamén, na Igrexa da Universidade de Santiago, a mostra “Mundo líquido”. Baseada no concepto de modernidade líquida, desenvolvido polo sociólogo e filósofo Zygmunt Bauman, a exposición propón que a sociedade actual se caracteriza por un estado fluído e volátil, sen valores sólidos, en a que incerteza pola vertixinosa rapidez dos cambios debilitou os vínculos humanos.

Atopar capítulo por: