CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“Presas Fáciles”, “Do berce á lúa” e a relación de Federico García Lorca con Galicia

30/05/2016 21:00 h

A novela gráfica “Presas Fáciles” fala sobre desafiuzamentos, banca e preferentes. O seu autor, o debuxante e ilustrador Miguelanxo Prado, virá hoxe ao programa “ZigZag Diario” para debullar un pouco máis este novo traballo que publica a través de El Patito Editorial. 
A literatura será o tema principal, como cada luns, e por iso o espazo da tvG2 propón unha reportaxe sobre Antonio Rubio, o autor da colección “Do berce á lúa”, contos para nenos que aínda non saben ler.
No cultural da segunda canle da Galega tamén presentará este luns un pequeno vídeo en que resaltará a relación que o autor Federico García Lorca tiña con Galicia. 

Atopar capítulo por: