CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Premios Mestre Mateo 2017

02/03/2017 21:00 h

O “ZigZag Diario” céntrase hoxe na edición 2017 dos Premios Mestre Mateo, que se entregarán o vindeiro sábado nunha gala que terá lugar na Coruña. O presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares, estará no estudio do programa para falar dos galardóns. Este ano, 176 obras –cinco longametraxes, 25 documentais, dez series de televisión, nove series web, 32 programas, 31 curtametraxes, oito curtas de animación, 20 anuncios e 36 videoclips-  optan a premios. 
Ademais, tras visitar a Festa dos Finalistas, o programa emitirá unha reportaxe con valoracións dos asistentes sobre a finalidade e utilidade destes galardóns e outra sobre a presenza da muller nesta edición dos Mestre Mateo.

Atopar capítulo por: