Zigzag-Eirado
Premios Martín Códax da Música, “Vida”, “Carol”, “Nahid”, M.J Pérez, Ferrol Kozmic Blues, Nicolás Pastoriza e Tino Baz
A Asociación Músicos ao Vivo organiza, por terceiro ano consecutivo, os Premios Martín Códax da Música, uns galardóns para recoñecer a creación, diversidade e calidade artística das producións musicais galegas. O voceiro desta asociación, Ramón Vermejo, vén hoxe ao “ZigZag Erado” para falar máis polo miúdo destes galardóns. Seguidamente, no apartado de cinema, comezarán falando dun documental titulado “Vida”, de Rubén Riós, unha peza audiovisual en que, segundo di o propio director os protagonistas son “persoas con diferentes discapacidades”
O espazo semanal da tvG2 tamén presentará dúas estreas de carteleira: “Carol” e “Nahid”. A primeira está baseada na novela de nome homónimo escrita por Patricia Highsmith e a segunda fala dunha nai solteira iraniana que se namora doutro home diferente ao seu ex-marido e iso traeralle problemas.
En canto á música, o programa falará da xira de concertos de M.J Pérez, unha cantante e guitarrista de Arzúa que ten un disco titulado “Ollos que non ven, síntoma de cegueira”. Tamén se referirán ao novo disco que estrea a banda de Ferrol Kozmic Blues, “Premonition”. A esta novidade seguiralle outra saída ao mercado, concretamente, a do novo disco de Nicolás Pastoriza, “Luna de Kubrick”.
A música seguirá coa sección de Moncho Lemos, que hoxe trae o perfil do cantautor Tino Baz, integrante do grupo “A Roda” durante os anos 90, unha formación pioneira e esencial na historia da música galega.