O amigo Ed
Precísase axuda
05/01/2022 16:09 h
"Best Ed" conta a peculiar e fortísima amizade que une a Ed e a Doug (o seu compi, ao que el chama Buddy), un can e un esquío que viven na cidade de Swellville. Ed espértase cada mañá disposto a dar o mellor de si mesmo e, coa súa boa intención, a Buddy vólveo tolo Pero con cada atranco que se atopa provocado polo amigo, Buddy comprende que aínda que non é doado vivir con el... vivir sen el sería moito peor. Porque Ed non é só un amigo, é o seu mellor amigo. Unha estraña parella, un mellor amigo... ¡E un mellor Ed!