CRTVG

Buscar

Aquí hai praia

Bastiagueiro, A Rapadoira e Patos

29/06/2019 19:20 h

O programa visitará a praia de Patos, no concello de Nigrán. Grazas á bravura contida das súas ondas, é ideal para iniciarse na práctica do windsurf, xa que nas súas inmediacións hai varias escolas. Patos conta tamén cun paseo repleto de locais de ocio e restauración con todos os servizos, que ademais dos locais, gozan os visitantes, principalmente da cidade olívica e da provincia de Ourense.

A continuación, ‘Aquí Hai Praia’ subirá ata as Rías Altas para visitar a praia de Bastiagueiro, en Oleiros, un areal tamén ideal para os amantes do surf. Moi preto atópase un cámping, o que fai que no verán sexa moi visitada por turistas. En época lectiva tamén se poden ver moitas persoas practicando deporte nela, pois moi preto atópase a Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Fisica.

A última praia é a da Rapadoira, en Foz, a primeira en acadar a bandeira azul da zona. A Rapadoira é unha praia urbana cun grande areal de fina e branca area, protexida por un espigón, o paseo de Laredo, onde se forma unha piscina natural en que xogan os máis pequenos sen medo ás ondas. Esta praia é visitada, principalmente, por persoas de Asturias, León e outras partes da provincia de Lugo, como Vilalba e Begonte.

Atopar capítulo por: