Zigzag diario
Póñense en marcha as residencias artísticas
29/09/2017 16:30 h
Agadic, a sala Ensalle de Vigo e varias compañías poñen en marcha o proxecto 'EXE: espazo xerador ensalle'. Un proxecto que pretende darlle estabilidade ao sector a través residencias artísticas.
17 grupos pasarán pola sala viguesa. E non só obterán só un local onde ensaiar, tamén soporte técnico e loxístico, ademáis da experiencia dun dos grupos de teatro máis internacionais de Galicia. O obxectivo do proxecto é acadar un mínimo anual de 80 días de ocupación da sala.