Polo camiño da fe
A formación integral no Seminario Menor de Tui
19/03/2023 09:45 h
Con motivo do Día do Seminario achegámonos ao Seminario Menor de Tui. Coñecemos o seu labor como centro educativo, pero sobre todo como centro de formación integral dos rapaces que están alí.
O seminario Menor ofrece aos seminaristas un contexto comunitario formativo e un acompañamento adecuado para que, mentres realizan a formación académica propia da súa idade, avancen tamén no discernimento da súa vocación.