Polo camiño da fe
Xornadas de apoio ás familias organizadas na diocese de Lugo
05/03/2023 09:45 h
O centro de Orientación Familiar diocesano de Lugo celebra dez anos ao servizo e apoio das familias. Con este motivo, organizou unha xornada sobre a familia onde se abordaron diversos aspectos da actuación, que van dende a intervención terapéutica, a formación ou a prevención. Ademais, aproveitouse este aniversario para inaugurar a súa nova sede en Lugo.