Polo camiño da fe
O Comedor San Froilán de Lugo
12/02/2023 09:40 h
O Comedor San Froilán, da diocese de Lugo, abriu as súas portas fai máis de vinte anos e dende entón son as Fillas da Caridade as que se encargan da xestión. Como marca o seu carisma, ofrecen un servizo de calidade aos pobres dende unha concepción cristiá da persoa, da vida e do mundo, facendo presente a Boa Nova do Evanxeo.