CRTVG

Buscar

Pola cara

Programa 41

27/08/2019 16:15 h

Xogo de preguntas e respostas de cultura xeral clasificadas en seis categorías: Espectáculos, Deportes, Curiosidades, Historia, Sociedade e Xeografía. Participan 3 concursantes desde o plató, arbitrados polo presentador Juan Fuentes, e seis caras nunha fiestra a Galicia, que son os retadores. O premio é un bote de 600 euros e un cruceiro polo Mediterráneo A audiencia participará formulando preguntas, poranse en xogo os coñecementos de cultura xeral sobre Galicia, España e o mundo dunha maneira áxil e divertida. O presentador compostelán Juan Fuentes, condutor de espazos como "Criaturas" ou "Ruta 66", será o mestre de cerimonias, o encargado de demostrar que é posible divertirse e aprender cousas novas. A audiencia tamén participará a través da figura dos "retadores". Seis cidadáns de toda Galicia asomaranse ao estudio de gravación cun xogo inédito, xa que serán eles os que, a través das súas preguntas gravadas na rúa, formularán moitas das cuestións do xogo. Todo o mundo concursa, xa que os propios "retadores" terán a opción de gañar cartos se o concursante falla na súa resposta. O programa constará de tres apaixonadas roldas. Na primeira fase poranse en xogo dous elementos: tempo para a rolda final e diñeiro en metálico. Os coñecementos non garanten o éxito, xa que será o máis rápido co pulsador o que teña a primeira opción de contestar as preguntas formuladas, ben polo presentador ou polos "retadores". Na segunda rolda, "Segundos dentro", os concursantes terán que elixir entre diferentes categorías dun panel temático que agocha unha sorpresa. Pasará á terceira rolda, a final diaria, o participante que teña máis tempo acumulado. Na "Escaleira" haberá que responder contrarreloxo oito preguntas para intentar gañar o bote e o cruceiro. Cada cinco programas, a persoa que gañe a rolda final será premiada coa súa continuidade nos cinco próximos.

Atopar capítulo por: