CRTVG

Buscar

Momentos G

Poden desaparecer as toniñas por culpa dos efectos da pesca?

06/03/2021 13:15 h

Moitas imaxes temos visto nas costas galegas, especialmente o ano pasado, de golfiños e de baleas que volvían ao noso mar. Con todo, non podemos fiarnos; os científicos expertos no estudo de varias destas especies lanzan unha advertencia clara: se non cambia o modelo pesqueiro nas Rías Baixas, a toniña desparecerá en poucos anos. Así o considera un estudo levado a cabo polo Instituto para o Estudo dos Golfiños Mulares (arroaces), BDRI na súa sigla en inglés, do Grove. Falamos co seu director, Bruno Díaz.

Atopar capítulo por: