CRTVG

Buscar

Momentos G

Nova modalidade de estafa relacionada co alugueiro de pisos turísticos

30/09/2019 12:30 h

Estamos vendo ultimamente varios casos de estafas relacionados cos alugueiros turísticos.

Dende o mes de marzo, as comunidades de propietarios poden votar se aceptan ou non que un piso se destine a vivenda turística. Mesmo poden adoptar acordos para establecer cotas especiais de gastos ou un incremento na participación dos gastos comúns da vivienda dedicada á actividade turística. 

Aquí en Galicia é necesario inscribir estas vivendas nun rexistro público.

En Galicia rexistrouse un incremento do 70% destes pisos no último ano.

Dende que hai dous anos entrou en vigor o novo decreto que regula os pisos turísticos en Galicia, déronse de alta no rexistro autonómico 8.541.

En Santiago, por exemplo, non se poden destinar pisos a este fin na zona histórica.

O incremento dos alugueiros turísticos está obrigando moitos estudantes a buscar piso fóra da cidade.

Unha comunidade de propietarios de Vigo presentou este verán unha demanda contra un caseiro que aluga o seu piso en réxime vacacional porque queren que cese a actividade de hospedaxe.

Atopar capítulo por: