Estache bo!
Piquillos recheos de pavo con xelea de flor de sabugueiro
Ingredientes:
Para o recheo dos pementos: Xelea de flor de Sabugueiro 1 ducia de pemento do piquillo 100 gr de foie-gras 200 gr de rolo de cabra 400 gr de peituga de pavo picada 250 gr de leite evaporado 150 gr de anacardios AOVE
Para a salsa de pementos: 4 pementos do piquillo 1/2 cebola en brunoise 1/2 dente de allo 1/2 cunca de viño Sal e pementa Ceboliño Para o puré de mandioca: 1 mandioca fresca 75 ml de leite de coco Sal e pementa 1 noz de manteiga
Elaboración:
Hoxe os piquillos enchémolos de doce e salgado. Para o recheo precisamos rustrir peituga de polo picada. Engadimos o queixo de cabra, o foie-gras, o leite evaporado e a xalea de flor de sabugueiro, buscando un espesor que manteña estes ingredientes dentro dos piquillos. Para a salsa destes pementos rustrimos nunha tixola a cebola, o dente de allo e catro pementos. Salpementamos, incorporamos viño branco e deixamos reducir. Trituramos e reservamos. Para o puré cocemos unha mandioca durante 40 minutos. Escoámola, machucámola cunha noz de manteiga, engadimos o leite de coco e salpementamos. Empratamos facendo unha cama co puré, enriba os pementos recheos, salseamos e incorporamos os anacardios. Gratinamos a 230 graos uns 5 minutos, e listo para comer…!!!
Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Vilar de Santos, a Nelson, da empresa Carabuñas, quen nos falará do produto estrela de hoxe: a xelea de flor de Sabugueiro.