Zigzag diario
"Peter Brandon", "La mano invisible" e "Cinema en Curso"
18/05/2017 21:00 h
“ZigZag Diario” recibe no estudio o humorista Pedro Brandariz, que falará da estrea da webserie “Peter Brandon”, un falso documental sobre a súa vida.
Por outra banda, o programa mostraralles aos espectadores unha reportaxe sobre "Cinema en Curso", un programa de pedagoxía do cine organizado polo CGAI e que persegue un dobre obxectivo: achegar a mocidade ao cine como arte, creación e cultura, e explorar a súa potencias como produto formativo.
Ademais, a actriz Marta Larralde visitará o estudio para presentar a película “La mano invisible”, de David Macián. A produción é todo un experimento filmico e crítico sobre o mercado laboral.