Zigzag diario
“Pergamiño Vindel”, Miguel Couto e “reportaxes sobre amor e arte II”
A autora do estudio titulado “Pergamiño Vindel”, Mariña Arbor, vén hoxe ao “ZigZag Diario” para comentar as claves deste traballo, no cal se acompaña unha edición do clon do propio Pergamiño Vindel. Esta xoia do patrimonio galego contén as seis cantigas de Martín Códax e é o único en que se conservaron as notacións musicais que acompañaban as Cantigas de Amigo. A arte ateigará o programa de hoxe cunha reportaxe sobre a obra escultórica de Miguel Couto, autor de esculturas como as baleas que se poden ver en Malpica ou Cee.
Seguidamente, o cultural da tvG2 continuará coa segunda entrega da serie de “reportaxes sobre amor e arte”, nesta edición estarán como protagonistas Frida Kahaki e Diego Rivera. Unha verdadeira paixón artística e amorosa.