CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Pela del Álamo e 'Curtocircuito' e David Blanco e 'Indian Way'

29/09/2016 21:00 h

Falamos de “Indian Way”, longametraxe do galego David Blanco que sorteou varias dificultades para poder chegar ás salas de cinema e cuxa producción Batea Films apoiou en dúas campañas de crowdfunding, a nivel estatal e internacional. Narra a historia de amizade e supervivencia de dous homes indios que viaxan a pé en territorio hostil durante unha semana, desde a costa de Pondichery á cidade de Bangalore.

Conversamos con Pela del Álamo, director do Festival Curtocircuíto, que acolle Santiago de Compostela entre os días 3 e 9 de outubro. Pola 13º edición deste evento internacional pasarán curtametraxes de todo o mundo e os asistentes poderán gozar non só coa súa proxección, senón tamén con concertos e outro tipo de actividades.

Temos tamén unha reportaxe sobre a exposición “Interior, Exterior, Durante”, de Xisela Franco, que acolle o MARCO de Vigo, unha proposta audiovisual que se enmarca no ciclo Problemáticas do Museo de Arte Contemporánea. A mostra xoga coa manipulación do tempo a través da converxencia entre a imaxe gravada e a duración experimentada, e está articulada por unha proxección en tríptico de oito horas de duración, con planos de cámara estática sobre unha paisaxe costeira.

Atopar capítulo por: