CRTVG

Buscar

Estache bo!

Peituga de pavo con cúrcuma e cuscús

30/09/2021 20:00 h

O noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará a María Jesús, na Laracha, para recoller peituga de pavo. Este produto servirá para realizar a receita de hoxe, que fará o noso chef Xoanqui Ameixeiras cunha pequena axuda de Isabel, a súa veciña.

Ingredientes:

- 1 peituga de pavo

- 1 mazá verde

- 1/2 cunca de pistachos

Para a salsa de cúrcuma:

- 1 cebola moi picada

- 2 culleradas de cúrcuma

- 1 cullerada de coandro fresco

- 1 cullerada de curry

- 1 culleriña de comiño

- 1 chile

- 1 dente de allo

- Aceite de oliva

- Sal e pementa

Elaboración:

Hoxe sacamos o pavo do curral para papalo con cuscús. Nun wok ou tixola co fondo de aceite de oliva marcamos o pavo e reservamos. No mesmo aceite rustrimos a cebola e o allo, engadimos as especias e o chile.

Cubrimos con caldo e deixamos cocer 10 minutos. Pasamos polo brazo batedor e mesturamos co pavo. Deixámolo cocer 2 minutos máis. Nun cazo rustrimos o pemento vermello, o verde, a cenoria, o allo e a pela de medio limón.

Incorporamos o caldo e cando ferva engadimos o cuscús. Empratamos co coandro fresco, a mazá e os pistachos. E listo para comer…!!!

Atopar capítulo por: