CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Pedro Alonso / Festival “Escenas do cambio” / Ártika

13/02/2015 21:00 h

A presentadora do programa “ZigZag Diario”, Pilar G. Rego, falará este venres co actor Pedro Alonso, protagonista, xunto a Antonio Durán “Morris”, da comedia bancaria “O Crédito”, que conseguiu un grande éxito en catalán e en castelán e que comezou en Pontevedra a súa xira en versión galega. A obra, escrita por Jordi Galceran, autor de “O método Grönholm” parte dun feito habitual nos tempos que corren: o dun cliente que se achega a unha sucursal bancaria a pedir un préstamo que lle é denegado por carecer de avais.

Por outro lado, o espazo da tvG2 repasará o que está a dar de si en Santiago o festival “Escenas do cambio” e deterá a ollada en dúas das súas propostas: “De repente fica tudo preto de gente”, unha danza contemporánea e tribal que Marcelo Evelin estrea por primeira vez en Europa; e o ciclo de conferencias performáticas “Mis documentos”, onde artistas de distintas disciplinas presentan unha investigación persoal, unha experiencia radical ou unha historia que os obsesiona secretamente.

Ademais, “ZigZag Diario” visitará Ártika, un novo espazo escénico que abriu hai pouco as súas portas en Vigo e que funciona tamén como escola artística. O programa coñecerá o traballo de Triatreros, a compañía que actuará como residente neste espazo multidisciplinar.

Atopar capítulo por: