Pazos e Cia
Programa 1: 'Homenaxe ao párroco don Manuel'
19/07/2020 23:00 h
Neste programa, Pazos terá que poñer dacordo a dúas parroquias de Pontevedra, Cerponzóns e Verducido, para facerlle unha homenaxe ao expárroco que compartiron. Para iso contará coa axuda dos veciños da zona que formarán a súa Cía con Merchi e Milagros á fronte. Números musicais, escenas de teatro, alfombras florais e ata un busto do párroco terán que conseguirse en tempo récord e sen que o cura don Manuel se entere de nada! Darán feito todo?