CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 41

25/01/2016 22:00 h

Tras o anuncio da relación de Leonor e Carlos Emilio ten agora a terrible sospeita de que a súa nai quere ir máis aló e comprometerse co home que está a manipular a Nino para envialo dereito ao cárcere. Tanto é así que Carlos consegue que o chofer asine o contrato que o incrimina nas actividades delituosas de César.

Ademais de ver como Nino tira pola borda o seu futuro ao asociarse con Carlos, Mónica recibe a nefasta noticia de que o home que intentou violala acaba de saír en liberdade. Neste episodio, a posibilidade dun novo ataque convértese nunha ameaza real.

Ante a insoportable actitude de Ángel na axencia, Claudia e Iria deciden tenderlle unha trampa para deixalo en evidencia. Mentres a relación entre Daniel e Rita semella ir vento en popa, a Sara decláraselle un novo pretendente.

Atopar capítulo por: